CONTACTO
981 278460
627 489879
casahamlet@hotmail.com
Casahamlet, S. L.
r/ Alfonso VII, 11 - baixo
15005 A CORUÑA
AXENDA
1. Representacións
2012
Novembro
Decembro
2. Foros e Aulas Abertas
2012
Mes
Dia
3. Outras actividades
2012
Mes
Día
CASAHAMLET
O Estudio Teatral CASAHAMLET foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, tomando como obxectivo a formación continuada de actores.
Todas as actividades do Estudio Teatral CASAHAMLET, que irán aparecendo na "Axenda" deste blog, son posíbeis grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña.
CURSOS: ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO
Alén disto, CASAHAMLET continuará a dirixir as ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO DE CULLEREDO E BETANZOS. Antonio López Rico, Santiago Fernández e Manuel Lourenzo impartirán as aulas.
Desde os seus comezos, o Estudio de Teatro ten atendido a demanda dos concellos no tocante á formación teatral, establecendo con algúns deles unha relación contractual para actividades didácticas aos fins de semana (aulas, representacións, intercambios con outros concellos etc.).
CURSOS: NENOS E ADOLESCENTES
O curso A, para cativos de 6 a 12 anos, terá lugar de 10 a 12 h; o curso B, para rapaces de 12 a 16 anos, de 12 a 14 h.
CURSOS: ESTUDIO TEATRAL CASAHAMLET
O CURSO ACADÉMICO 2007-2008 organizarase en aulas de luns a xoves de 17 a 19 h. Impartiranse as seguintes materias: Sensibilización, Enerxías, Ritmo, Ortofonía, Dicción, Expresión Oral, Improvisación, Interpretación e Prácticas. Por outra banda, celebraranse CURSOS ESPECIAIS de Danza, Comedia dell’Arte, Teoría teatral e Monólogos e prepararanse as probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galiza. Neste ano académico os profesores serán Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Mª Inés Cuadrado e Carlos Álvarez-Ossorio. |
ESPECTÁCULOS: COMPAÑÍA TEATRAL CASAHAMLET
1999. A doncela guerreira de Rafael Dieste. Dramaturxia e dirección: Casahamlet.
1999. A velada de Londres de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2000. A estrela e o vento de varios autores, recital concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2000. Fillos do vento, a partir de textos de Castelao e Cunqueiro. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2000. Petit récital de poésie médiévale et romantique galicienne/Petit concert de musique traditionelle galicienne et brétonne de varios autores. Dirección: M. Lourenzo.
2000. Últimas faíscas de setembro de M. Lourenzo (Premio de Teatro “Rafael Dieste” da Deputación da Coruña, 1999). Dirección: M. Lourenzo.
2001. Hamlet e familia, a partir de textos de Cunqueiro, Shakespeare e Heiner Müller. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2002. Escuro enigma eu son, recital-concerto a partir de poemas de Eduardo Pondal. Dirección: M. Lourenzo.
2002. Animal vacío de X. Pisón. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2003. Liturxia de Tebas de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2003. Medea en Corinto de Luz Pozo Garza, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2004. Primeiro foi o mar de varios autores, recital-concerto. Dirección: Santiago Fernández.
2004. Lionel. O malestar do benestar de M. Lourenzo. Dirección: Santiago Fernández.
2005. Lonxe versos galegos de Lorenzo Varela, recital-concerto. Dirección: M. Lourenzo.
2006. O cuarto do Príncipe de varios autores. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2006. Da outra banda da ponte de F. Pillado Mayor sobre M. Lugrís Freire. Dirección: M. Lourenzo.
2006. Contos Troianos de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.
2007. Lobos de mentira de M. Lourenzo. Dirección: Paulo Serantes.
2007. Un anxo chamado luz sobre textos de varios autores. Homenaxe a Xosé Anxo Fernández Roca. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo.
2008. Remoldiño vai á feira de M. Lourenzo, sobre o conto de Xoán R. Cuba. Dirección: Paulo Serantes.
2008. Quen pudera convosco voar, a partir de poemas de Manuel Curros Enríquez. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2008. Claro mencer do tempo, a partir do libro Xosé María Álvarez Blázquez: unha vida entregada á cultura galega, de Mª Pilar García Negro. Recital-concerto. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2009. Darwin: Encontro na Domus de M. Lourenzo. Dirección: M. Lourenzo.2009. Ratiña linda de M. Lourenzo, a partir dun conto de Bernardino Graña. Dirección: Santiago Fernández.
2009. Nocturno Poe/O Cuarto de Ofelia de Edgar A. Poe e Xesús Pisón.
ESPECTÁCULOS: ESTUDIO TEATRAL CASAHAMLET
2001. O circo da medianoite de M. Lourenzo, lectura dramatizada. Dirección: M. Lourenzo.
2001. O can, o libro e o espello. Misterio charentés de M. Lourenzo, X. Pisón e Miguel Anxo Fernán-Vello. Dirección: M. Lourenzo.
2002. Viva Peter Pan de X. Pisón, lectura pública. Dirección: Paulo Serantes.
2005. Por favor, abran as cortinas, a partir de textos de Cunqueiro, Sarah Kane e Thomas Bernhard. Dramaturxia e dirección: M. Lourenzo
2006. O cuarto do príncipe de varios autores. Dirección; M. Lourenzo e Santiago Fernández, coa colaboración de Paulo Serantes e Xabier Ramilo.
2006. Neve de papel, versión galega de Hanjo de Yukio Mishima. Dirección: M. Lourenzo
2007. Un anxo chamado luz, sobre textos de varios autores. Homenaxe ao profesor Xosé Anxo Fernández Roca. Dirección: M. Lourenzo.
2007. Feitizos de San Xoán de varios autores. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
ESPECTÁCULOS: NENOS E ADOLESCENTES
1999. O soño das cidades de M. Lourenzo. Dirección: Cilha Lourenço e Santi Fernández. |
ESPECTÁCULOS: ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO
2004. A doncela guerreira de Rafael Dieste, coa EMT de Betanzos. Dirección: M. Lourenzo e Paulo Serantes.
2004. Amor, amigo, recital de poesía medieval, coa EMT de Betanzos. Dirección: Santiago Fernández.
2005. A estación do vento, a partir de textos de Cunqueiro, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2005. Inverno de alcoviteiras de Gil Vicente, coa EMT de Betanzos. Dirección: Paulo Serantes.
2006. Unha fiestra aberta de varios autores, coa EMT de Miño. Dirección: Santiago Fernández.
2006. Lilí Cuartel de M. Lourenzo e outros, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2006. Próxima estación, Cunqueiro, sobre contos de Cunqueiro, coa EMT de Betanzos. Dramaturxia e dirección: Paulo Serantes.
2007: Transilvania de M. Lourenzo, coa EMT de Culleredo. Dirección: M. Lourenzo e Santiago Fernández.
2007: Amor enfermo, a partir de textos de Joan Cavallé, coa EMT de Betanzos. Dirección: Paulo Serantes.
PUBLICACIÓNS: REVISTA
CASAHAMLET publica anualmente unha REVISTA DE TEATRO de carácter monográfico con abundante material teórico, dramatúrxico e documental.
1999. Nº 1: "Especial Hamlet".
2000. Nº 2: "Teatro Galego na Coruña".
2001. Nº 3: "María Casares".
2002. Nº 4: "As paisaxes do drama".
2003. Nº 5: "Monólogos".
2004. Nº 6: "Dramaturgos".
2005. Nº 7: "A cidade".
2006. Nº 8: "Teatro Histórico".
2007. Nº 9: "Amor".
2008. Nº 10: "Teatro fantástico".
FOROS TEATRAIS
-30. Da outra banda da ponte. Lectura dramatizada do texto de F. Pillado Mayor, pola CT CASAHAMLET.
-31. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro. Presentación do Manual a cargo de M. Lourenzo e F. Pillado Mayor. Lectura, por parte de Santiago Fernández e alumnos do Estudio, de Xan, o bon conspirador, Romeo e Xulieta, famosos namorados, dúas escenas de A perdiz que fala, Palabras de víspera e un poema inédito.
-32. Edipo de Manuel María. Lectura dramatizada polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de Henrique Rabuñal , presentación de M. Lourenzo e Santiago Fernández e dirección de Santiago Fernández.
-33. Eclipses. Presentación do libro de M. Lourenzo; mesa redonda: Santiago Fernández, Miguel Martín, F. Pillado Mayor, C. Biscainho, M. Lourenzo, Diana Sieira, Xabier Ramilo. Lectura de escenas do libro.
-34. Palabras de víspera. Lectura dramatizada do texto de Cunqueiro polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; introdución de H. Rabuñal e presentación e dirección de M. Lourenzo.
-35. A fonte do bidueiro de Isaac Ferreira. Presentación do Caderno de Teatro Laiovento nº 4 a cargo de F. Pillado Mayor. Lectura dramatizada de A fonte do bidueiro e A flor polo GRUPO DE LECTURA DRAMÁTICA DE CASAHAMLET; presentación de Pablo Rodríguez e dirección de M. Lourenzo, coa intervención de Isaac Ferreira.
2007
-36. Teatro e adolescentes. Conferencia de Antón Lamapereira López, presentada por M. Lourenzo.
-37. Monólogos, soliloquios e unipersoais. Conferencia de Carlos Álvarez Ossorio, presentada por M. Lourenzo.
-38. O teatro en Laiovento. Conferencia de F. Pillado Mayor, presentada por X. Pisón.
-39. A Pinguela.Teatro Escolar para ler e representar. Conferencia de Xosé Luna, presentada por Santiago Fernández.
-40. O ritmo no teatro. Conferencia de Afonso Becerra de Becerreá, presentada por M. Lourenzo.
PUBLICACIÓNS: MANUAIS
2000. Pensar co corpo de M. Lourenzo.
2001. A voz do actor de Santiago Fernández.
2002. O ideario teatral das Irmandades da Fala de Cilha Lourenço e Carlos Biscainho.
2002. Memoria da Esfinxe de X. Pisón.
2004. Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor de Carlos Biscainho.
2006. Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro de M. Lourenzo e F. Pillado Mayor.
2007. Na outra banda da ponte. Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire de F. Pillado Mayor.
AULAS ABERTAS
PROGRAMA 2009-2010
1.1. Académico
De luns a xoves, de 19,00 a 21,00 h.
Materias: expresión corporal e oral, improvisación, interpretación, prácticas.
Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática.
Profesores: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Silvana Couñago, Carlos Álvarez-Ossorio, Quico Cadaval.
1.2. Infantil e Xuvenil
Grupo A (6 a 12 anos): Sábados, de 10,00 a 12,00 h.
Grupo B (12 a 16 anos): Sábados, de 12,00 a 14,00 h.
Materias: expresión corporal e oral, improvisación, interpretación, posta en escena dun espectáculo.
Profesoras: Chus Álvarez (Grupo A), Gloria Rico (Grupo B).
2. SEMINARIO DE TEATRO PARA MONITORES
Profesores: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Carlos Álvarez-Ossorio
3. ACTOS PÚBLICOS
AULAS ABERTAS. Mostras de traballos realizados polos alumnos ao longo do curso.
FOROS TEATRAIS. De periodicidade mensual: conferencias, mesas redondas, lecturas dramatizadas, presentacións de libros, espectáculos, etc.
4. PUBLICACIÓNS
Revista Casahamlet, nº 12: PERSONAXES.
Manual de Teatro, nº 11: TEXTOS INÉDITOS DE TEATRO CIRCO.
5. ESPECTÁCULOS
AS FORMIGAS, de M. Lourenzo/Jacobo Fernández.
FIDALGO, de R. Otero Pedrayo.
Continúan en programación:
LIONEL, de M. Lourenzo.
ESCURO ENIGMA EU SON, de E. Pondal.
QUEN PUDERA CONVOSCO VOAR, de M. Curros Enríquez.
NOCTURNO POE, de E. Allan Poe/Xesús Pisón.
RATIÑA LINDA, de M. Lourenzo/Bernardino Graña.
REMOLDIÑO VAI Á FEIRA, de M.L./Xoán R. Cuba.
Director da revista: Isaac Ferreira
Deseño: Miguelanxo Varela
Arquivo e documentación: Isaac Ferreira
Xestión: Montserrat Modia
Dirección do Estudio: Santiago Fernández, Manuel Lourenzo